A Asociación Galega de Xornalistas Deportivos iniciou o reparto das Guías da Linguaxe Non Sexista no Deporte entre profesionais da comunicación deportiva en Galicia, sexan asociados ou non a entidade. O obxectivo é ofrecer ferramentas que contribúan a un exercicio xornalístico máis igualitario e responsable.
As guías foron elaboradas co respaldo da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, departamento dirixido por María Quintana Pérez, que supervisou e avalou, ao igual que outros expertos na materia, o proceso de creación deste material creado por Mila Alonso.
Con esta iniciativa, AGAXORDE dá un paso máis no seu compromiso por impulsar a igualdade no ámbito deportivo e reforzar o papel da comunicación como motor de cambio social.




