AGAXORDE ADHÍRESE Á CAMPAÑA MUNICIPAL “EN SAN XOÁN LIMPAR AS PRAIAS É SER DE PRIMEIRA”

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte, AGAXORDE, adhírese á campaña “En San Xoán limpar as praias é ser de Primeira”, impulsada polo Concello da Coruña co obxectivo de promover unha celebración máis responsable, limpa e segura dunha das noites máis emblemáticas da cidade. A iniciativa, presentada este xoves no Palacio de María Pita pola…

Details

AGAXORDE aproba por unanimidade todos os puntos das súas asembleas ordinaria e extraordinaria

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) celebrou o pasado sábado 13 de xuño, de forma telemática, a súa Asemblea Xeral Ordinaria e a súa Asemblea Xeral Extraordinaria, nunha sesión na que todos os puntos sometidos a votación obtiveron o respaldo unánime das socias e os socios participantes. Na Asemblea Ordinaria deuse conta do…

Details

A Xunta de Galicia apoia a edición en galego da biografía autorizada de Bebeto tras o éxito de vendas da súa primeira edición

A Xunta de Galicia apoiou a edición en galego da biografía autorizada de Bebeto (Bebeto, o home que abanou o gol) despois do extraordinario éxito acadado na primeira, publicada en castelán, escrita polo xornalista Alexandre Centeno e editada por AGAXORDE (Asociación Galega de Xornalistas do Deporte). A obra, convertida nun dos grandes fenómenos editoriais deportivos do…

Details

O produto galego cruza fronteiras: Natturu e A Casa Vella, presentes no Congreso Nacional de Santa Susanna

O xornalismo deportivo nacional tivo a oportunidade de coñecer de preto a excelencia do sector empresarial coruñés. No marco do recente Congreso Nacional da Prensa Deportiva, celebrado en Santa Susanna (Barcelona), os participantes foron agasallados cunha coidada selección de produtos de Natturu Pharma e A Casa Vella, firmas dirixidas pola empresaria coruñesa Pura Rodríguez.  …

Details

Novas vantaxes en formación universitaria para as persoas asociadas

A Asociación Galega de Xornalistas Deportivos (AGAXORDE) pon en marcha unha nova colaboración coa UNIR que permitirá ás persoas asociadas e aos seus familiares acceder a condicións especiais en formación universitaria e de posgrao. A iniciativa ofrece descontos en máis de 400 titulacións, incluíndo graos, másteres oficiais e programas especializados en ámbitos como comunicación, marketing,…

Details

Novo convenio entre AGAXORDE e a UEMC Business School para impulsar formación e emprego

A Asociación Galega de Xornalistas Deportivos (AGAXORDE) vén de formalizar un convenio de colaboración coa UEMC Business School, unha institución de formación superior especializada en programas universitarios e executivos cun forte enfoque na empregabilidade. O acordo establece condicións económicas especiais en programas de formación da entidade académica, que inclúen graos, másteres e programas de formación…

Details

Descontos e matrícula gratuíta nos ximnasios de Máis que Auga grazas a un acordo con AGAXORDE

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) sigue ampliando as colaboracións con outras entidades co obxectivo de ofrecer novas vantaxes as persoas asociadas a entidade. Un dos últimos acordos foi firmado co centro deportivo Máis que Auga. Grazas a este convenio, os socios de socias de AGAXORDE poderán beneficiarse de condicións especiais de acceso…

Details