Quen somos
A voz do xornalismo deportivo en Galicia
AGAXORDE é a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte e agrupa profesionais do xornalismo deportivo en Galicia nun espazo común de colaboración, formación e desenvolvemento profesional.
A entidade traballa para fortalecer o xornalismo deportivo galego, xerar oportunidades reais para os seus profesionais, dar visibilidade ao sector e defender un exercicio rigoroso, independente e comprometido coa calidade informativa, contribuíndo tamén, a través do deporte, a unha sociedade máis activa e comprometida.
Que facemos
Servizos e oportunidades reais para profesionais do xornalismo deportivo
Representamos ao sector
Defendemos o papel do xornalismo deportivo e favorecemos a interlocución institucional.
Impulsamos formación e encontro
Promovemos actividades, reunións, xornadas e espazos de reflexión profesional.
Promovemos deporte e hábitos saudables
Apoiamos iniciativas que fomentan a actividade física, a educación deportiva e os estilos de vida saudables.
Colaboramos en accións solidarias
Damos visibilidade a actividades benéficas e proxectos con impacto social vinculados ao deporte e á comunidade.
