O libro Bebeto: el hombre que acunó el gol, editado por AGAXORDE, está a piques de acadar os tres mil exemplares vendidos, consolidándose como unha das publicacións deportivas máis recoñecidas dos últimos anos en Galicia e abrindo xa o camiño cara a unha segunda edición.
Trátase dunha biografía autorizada que vai moito máis alá do fútbol. O libro percorre a infancia de Bebeto, a súa traxectoria ata converterse nun dos grandes dianteiros da historia e, moi especialmente, a súa etapa no Deportivo da Coruña, onde deixou unha pegada fonda e inesquecible.
A obra, escrita por Alexandre Centeno, constrúese a través dun relato coral no que falan algunhas das voces máis relevantes da súa carreira. Zico, Romário, Ronaldo Nazário, compañeiros na selección brasileira, conviven coas lembranzas de referentes do Superdépor como Fran, Nando, Djukic ou Donato, achegando unha mirada íntima e próxima sobre o futbolista e sobre a persoa.
O libro complétase cun epílogo especialmente emotivo de Mauro Silva, símbolo dunha época irrepetible e dunha maneira de entender o fútbol baseada no compromiso, a memoria e o sentimento compartido.
O éxito de vendas confirma o que moitos lectores xa sinalaron: este non é só un libro sobre Bebeto, senón sobre unha época, unha cidade e unha emoción colectiva que segue viva na memoria de miles de deportivistas.

📘 Bebeto: El hombre que acunó el gol
📍 Libro dispoñible nestas librarías
Nobel
Padre Feijóo, 1
Lume
Fernando Macías, 3
Arenas
Cantón Pequeño, 26 · Avenida de Oza, 8
El Cocodrilo Amarillo
Ronda de Outeiro, 9
Couceiro
Ronda de Outeiro, 248 · 132 · 125
Clarión
Rúa Valle Inclán, 3 (Carballo)
Encargos tras pago por transferencia o Bizum. Recogida inmediata en A Coruña. Más información:
📩 Mail: info@agaxorde.org
📞 Whatsapp: 623 99 03 85
ídolo da afición branquiazul e un dos xogadores máis prestixiosos do fútbol brasileño falou claro na presentación mundial da súa biografía, que tivo lugar na Coruña, ao recoñecer que neste libro non se garda nada, senon que se mostra tal cal é.
«Nesta biografía revivo os grandes momentos que vivimos xuntos… e tamén conto cousas que nunca antes dixera».




