A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte incorpora a Cristian Florin Gavril como responsable da súa xerencia.
Cunha destacada traxectoria profesional no ámbito da xestión deportiva, ós seus 31 anos, Cristian Gavril é graduado en Ciencias do Deporte e a Educación Física pola Universidade da Coruña. Ademais, conta cunha formación especializada que inclúe: Dirección de Centros Deportivos pola Universidade de Castilla-La Mancha, máster en Xestión Empresarial do Deporte (UVigo) e un MBA en Xestión Deportiva. Tamén é experto en dixitalización, innovación e tecnoloxía no ecosistema do deporte (URJC).
No ámbito profesional, é o coordinador xeral da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE) dende o ano 2017. Ademais, desempeñou ese mesmo cargo na Federación de Asociaciones de Gestión del Deporte de España entre 2018 e 2021. Tamén é socio fundador e coordinador do Observatorio Internacional do Deporte.
Por toda a súa labor na Asociación Galega de Xestión Deportiva obtivo un recoñecemento especial na XIV Gala dos Premios á Xestión Deportiva no ano 2023.



