A Asociación Galega de Xornalistas Deportivos (AGAXORDE) pon en marcha unha nova colaboración coa UNIR que permitirá ás persoas asociadas e aos seus familiares acceder a condicións especiais en formación universitaria e de posgrao.
A iniciativa ofrece descontos en máis de 400 titulacións, incluíndo graos, másteres oficiais e programas especializados en ámbitos como comunicación, marketing, intelixencia artificial, dereito deportivo ou redes sociais, entre outros.
O acordo establece un desconto mínimo do 10% en todas as titulacións, ademais dun desconto adicional na primeira matrícula e condicións vantaxosas en posteriores inscricións. Estas vantaxes esténdense tamén aos familiares de ata segundo grao.
A formación impártese nun formato 100% online, con clases en directo e en diferido, acompañamento personalizado e metodoloxía baseada en casos prácticos, facilitando a compatibilidade cos ritmos de cada alumno.
Para beneficiarse destas condicións será necesario indicar a pertenza a AGAXORDE no proceso de inscrición.
Esta colaboración busca achegar oportunidades reais de formación flexible e especializada ás persoas asociadas, adaptadas ás necesidades do mercado laboral actual.




