A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) celebrará o vindeiro sábado 13 de xuño as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria en formato telemático.
A primeira convocatoria terá lugar ás 10:30 horas e a segunda ás 11:00 horas. O procedemento e os medios de acceso serán comunicados oportunamente ás socias e socios da entidade.
Na Asemblea Xeral Ordinaria trataranse cuestións como o informe da Xunta Directiva, a aprobación das contas do exercicio anterior, das cotas anuais de 2027 e do orzamento correspondente ao presente exercicio.
Ademais, presentarase o Plan de actividades 2026 e abrirase unha quenda de asuntos varios, rogos e preguntas.
A continuación celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria, na que se abordará a modificación dos estatutos da asociación.




