A Asociación Española da Prensa Deportiva (AEPD) constituíu oficialmente a súa nova xunta directiva tras o proceso electoral celebrado trala dimisión de Jesús Álvarez como presidente. A candidatura encabezada por Tito Irazusta recibiu o respaldo de 35 das 38 asociacións que integran a entidade.
Entre os membros do novo equipo de goberno, mantense o presidente de AGAXORDE, Alexandre Centeno, que pasa de vogal a vicepresidente.
Con esta nova etapa, o xornalismo deportivo galego gaña peso na dirección da Asociación Española da Prensa Deportiva, ao pasar Alexandre Centeno de vogal a vicepresidente.