A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) firmou un acordo de colaboración co centro sanitario E-Saúde, mediante o cal as persoas asociadas poderán beneficiarse dun 10% de desconto nos servizos da clínica.
E-Saúde, con sedes en A Coruña e Santiago de Compostela, ofrece unha atención sanitaria personalizada dende o ano 2006. O seu equipo de profesionais cobre diversas especialidades médicas, entre elas fisioterapia, enfermaría, podoloxía e psicoloxía. Ademais, tamén conta con servizo de atención sanitaria a domicilio.
Este convenio supón unha nova vantaxe para os membros de AGAXORDE, reforzando o compromiso da asociación coa mellora do benestar e a calidade de vida da súa comunidade.
Para máis información ou para solicitar cita previa, pódese contactar con E-Saúde a través do teléfono 981 171 166 (A Coruña) e 881 045 927 (Santiago de Compostela), ou visitar a súa páxina web www.e-saude.es.




