A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte continúa a ampliar os seus servizos e beneficios para os asociados co sinatura dun convenio de colaboración co centro de adestramento especializado en artes marciais e deportes de contacto Fight Factory.
Grazas a este acordo, os membros de AGAXORDE poderán acceder a vantaxes como matrícula gratuíta ao inscribirse e un 10% de desconto nos produtos á venda no centro.
Fight Factory, con sede en A Coruña, é un centro de referencia no mundo dos deportes de contacto, onde se imparten disciplinas como boxeo, kickboxing, MMA e jiu-jitsu.
Unha das características que fai que Fight Factory sexa único é o seu equipo de profesionais altamente cualificados. Entre eles, destacan os irmáns Manolo e Chano Planas, que teñen unha larga traxectoria no mundo dos deportes de contacto.
Chano Planas destaca por ser manager internacional, seleccionador galego e por ter 30 anos de experiencia impartindo clases de boxeo. Ademais, tamén é adestrador nacional de boxeo.
Manolo Planas, pola súa banda, foi campión de kick-boxing, full contacto e subcampión de savate, ademais de ser adestrador nacional de kick-boxing e de boxeo.
Este convenio permite aos membros de AGAXORDE acceder a formación e servizos de calidade en Fight Factory, unha oportunidade para mellorar o seu benestar físico e mental. Os interesados poden obter máis detalles e realizar a súa inscrición directamente a través do centro ou na súa páxina web.




