Muller, xornalismo deportivo, pasado, presente e futuro da profesión. Ingredientes para un cóctel que, con selo AGAXORDE, organizou o Concello da Coruña, a través da concellería de Participación, Benestar e Igualdade que dirixe Nereida Canosa, con motivo das xornadas do 8M.
A sala Leonardo da Vinci da Domus, na Coruña, foi este venres escenario dunha charla coloquio na que participaron catro xornalistas de diferentes xeracións, como son Mónica Marchante, Lis Franco, Leticia Chas e Lucía Dávila. Ante un público moi participativo – o acto durou máis de hora e media -, as xornalistas falaron da súa experiencia nunha profesión tradicionalmente machista e de como cambiaron os tempos desde os que as máis veteranas se atopaban soas rodeadas de homes, ata a actualidade, no que as mulleres teñen maior presenza nesta área.

Mónica Marchante, popular rostro de Movistar +, puxo a mirada crítica en que aínda hoxe haxa medios que fomenten as tertulias de xornalistas deportivas e non as inclúan nas mixtas: «Una cosa es un acto como este en el que coincide con las jornadas del 8M y me encuentro muy a gusto junto a estas compañeras. Pero, hasta en dos ocasiones, y ante el asombro de quién me lo ofreció, me propusieron acudir a tertulias solo de mujeres que cubríamos información deportiva. Vamos a ver, que mi opinión vale igual que la de un hombre. De hecho, yo participo en tertulias en las que hay hombres y se me trata igual. Basta ya de hacernos parecer de Segunda División».
Lucía Dávila, pola súa parte, como a máis nova do grupo, explicou un pouco cara onde cre que deriva o xornalismo deportivo, coas novas narrativas e contou como se atreveu a facer a súa primeira gravación despois dun fracaso do Deportivo na loita polo ascenso a Segunda División. «Me daba mucha vergüenza, pero sentí la necesidad de decir algo en público. Lo grabé, vi que tenía aceptación y que se viralizaba. A partir de ahí, comencé a hacer contenidos para redes sociales y, actualmente, lo hago en mi medio, el Dxt Campeón».
Leticia Chas, xornalista da Cadena Cope, enfatizou en que, aínda que ela se sentiu ben tratada polos compañeiros, si que en ocasións sentiu como algunha mirada de receo ao realizar algún comentario técnico «como si por ser mujeres no entendiéramos de fútbol igual que los hombres», destacou.
Por último, Lis Franco, correspondente durante moitos anos de Marca na Coruña, recordou os tempos de soidade entre a masculinidade e, como exfutbolista que foi, revindicou tamén o papel do balompé feminino e os prexuizos existentes: «Hay gente que cree que por jugar al fútbol eres hombruna y no es así. Hoy tenemos ejemplos de cómo ha evolucionado también el fútbol y hay chicas con tipazos y súper femeninas», explicaba mentres recordaba como ela sempre tivera claro que este deporte, xa fora practicándoo, como adestradora ou como xornalista tiña que formar parte da súa vida.
Con este acto, No que colaborou o Concello da Coruña, AGAXORDE segue traballando nun dos seus principios que é o da igualdade no desenvolvemento da profesión e na loita por unha linguaxe non sexista no deporte.




