A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), en colaboración con Maude Studio, pon en marcha do programa Experto en Transformación Digital: Programa agentes del cambio, unha formación gratuíta financiada pola Unión Europea dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e capacitalos para liderar procesos de dixitalización en pequenas e medianas empresas.
O programa busca dotar ao alumnado de ferramentas prácticas para optimizar procesos empresariais e adaptar as organizacións ao contorno dixital. Ao remate, as persoas participantes obterán unha titulación oficial avalada pola Escola de Organización Industrial (EOI) e pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA), con recoñecemento de 15 créditos ECTS. Do mesmo xeito, percibirán una beca económica de 150 euros se finalizan o 75 % da devandita formación
Entre as competencias que se adquirirán durante a formación destacan a adopción dunha mentalidade dixital e innovadora, o dominio de metodoloxías áxiles e ferramentas colaborativas como Scrum, Kanban, Trello ou Slack, así como o coñecemento de conceptos chave en experiencia de cliente e deseño centrado na persoa usuaria. Ademais, o curso introduce ao alumnado en ámbitos como o Big Data, o Business Intelligence, a intelixencia artificial, a ciberseguridade ou o márketing dixital.
O itinerario formativo estrutúrase en cinco módulos: xestión empresarial e estratéxica, innovación, procesos co cliente, tecnoloxías da transformación dixital e habilidades persoais, aos que se suma un bloque de mentorización para o desenvolvemento dun proxecto técnico aplicado a unha empresa. En total, a formación conta con 375 horas lectivas, cun enfoque práctico baseado en casos reais e simulacións.
Para acceder ao programa, é necesario ser menor de 35 anos e atoparse en situación de desemprego, traballar por conta propia ou estar empregado nunha peme -cun máximo de tres participantes por empresa-. Ademais, requírese cumprir determinados criterios de formación e experiencia: contar con titulación universitaria ou FP superior e polo menos seis meses de experiencia laboral, ou ben dispoñer de Bacharelato, FP de grao medio ou certificado de profesionalidade de nivel 3 e acreditar dous anos de experiencia en competencias dixitais.
Outro dos requisitos é asistir a un mínimo do 75% do curso para obter a titulación e acceder a unha bolsa final de 150 euros.
Entre as vantaxes da formación destaca a alta demanda do perfil de «axente do cambio» no mercado laboral actual, o acceso a orientación profesional especializada e a posibilidade de realizar entrevistas con empresas interesadas en incorporar perfís dixitalizadores. No caso das persoas traballadoras, o programa permite ademais aliñarse con iniciativas como o Plan Acelera Pyme ou o Kit Dixital, así como impulsar o seu desenvolvemento profesional dentro da propia empresa.
As persoas ínteresadas que se poñan en contacto coa asociación a través de info@agaxorde.org, non fai falta ser socio, nin xornalista para apuntarse.




