A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) vén de formalizar un acordo de colaboración con Sibuscascoche, concesionario especializado en vehículos de ocasión multimarca pertencente ao Grupo Pérez Rumbao, grupo de referencia no sector da automoción no noroeste peninsular con máis de cen anos de traxectoria.
Este acordo permitirá ás persoas asociadas acceder a vantaxes exclusivas na adquisición de vehículos, dentro dun catálogo amplo e profesional, con garantías e condicións adaptadas.
Sibuscascoche conta con máis de 2.000 vehículos en stock, financiamento á medida e presenza física en varias cidades, ademais dunha plataforma online que facilita a compra desde calquera punto da península.
Con esta alianza, AGAXORDE continúa reforzando a súa rede de colaboracións para ofrecer valor engadido á comunidade profesional do xornalismo deportivo galego.




