A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte continúa ampliando os beneficios para a súa xente asociada cun novo acordo co Centro de Masaxe Ares. Grazas a este convenio, os membros de AGAXORDE poderán acceder a descontos exclusivos nos servizos do establecemento.
O centro está especializado en terapias de benestar como masaxes descontracturantes, drenaxe linfático, acupuntura, terapia con pedras quentes e masaxe anticelulítico, entre outros tratamentos orientados á recuperación e ao coidado corporal.
Con esta colaboración, AGAXORDE reafirma o seu compromiso co benestar dos profesionais do xornalismo deportivo, ofrecendo vantaxes que melloren a súa calidade de vida.
Os interesados poden obter máis información e reservar cita a través da web do centro.




