Agaxorde e a Real Federación Galega de Futbol veñen de asinar senllos acordos que permitirá aos afiliados á asociación, por unha banda, recibir charlas formativas impartidas por membros do Comité Técnico de Árbitros e, por outra banda, beneficiarse dunha serie de descontos nos cursos de adestradores tanto de fútbol como de fútbol sala que imparte o Comité de Adestradores e que van desde o 20 ao 50 %, dependendo do curso.
Moi felices de poder anunciar o inicio deste camiño da man da RFGF!




