A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) alcanzou un acordo co Grupo BeOne ServiOcio polo que todas as persoas asociadas á entidade galega poderán beneficiarse da matrícula gratuíta en todos os centros deportivos da compañía.
BeOne é unha empresa española con máis de 30 anos de experiencia na construción, xestión e explotación de instalacións deportivas. A súa traxectoria iniciouse en 1993, cando catro estudantes de INEF fundaron ServiOcio e asumiron a xestión dunha piscina municipal en Ferrol.
Na actualidade, o grupo conta con preto de trinta centros deportivos en España, distribuídos en comunidades como Galicia, Madrid, Andalucía, Cantabria, Comunidade Valenciana, Castela e León e o País Vasco. Galicia é a autonomía con maior presenza da compañía, con 13 centros BeOne e 4 instalacións de ServiOcio, exceptuando o centro de Mugardos, suman un total de 17 establecementos nos que as persoas socias de AGAXORDE poderán desfrutar deste beneficio.
Os centros BeOne ofrecen unha ampla variedade de servizos, que inclúen zonas de auga, salas de fitness e clases dirixidas. Ademais, algunhas instalacións contan con pistas de pádel, espazos de BeCross (crossfit) e áreas multideportivas.




