A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) firma un novo convenio con Efisaúde, un centro de que dedicado a fisioterapia, recuperación e rendemento deportivo. Este acordo permitirá que os membros da asociación accedan aos servizos de esta empresa cun desconto exclusivo do 10%.
Efisaúde é un centro de medicina deportiva e fisioterapia situado en Culleredo. Ofrece unha ampla gama de servizos, que inclúen fisioterapia, osteopatía, podoloxía e medicina do deporte. O seu equipo de profesionais altamente cualificados está especializado na recuperación de lesións, nutrición e suplementación, ademais de proporcionar adestramentos en liña e realizar probas de esforzo. As instalacións están equipadas coa última tecnoloxía para garantir un coidado óptimo da saúde e o rendemento dos seus pacientes.
Con este convenio, todas as persoas que forman parte de AGAXORDE poderán beneficiarse de tratamentos especializados en prevención e recuperación de lesións, fisioterapia deportiva e outros servizos orientados ao benestar físico.
A través desta colaboración, AGAXORDE busca mellorar as condicións da súa xente asociada, ofrecéndolles acceso a coidados específicos para a súa saúde e benestar.




