Riazor volveu recibir, na Área 1906, a un dos seus mellores xogadores hoxe coa presentación do seu libro Bebeto, el hombre que acunó el gol, a súa biografía autorizada, escrita polo xornalista da Voz de Galicia e presidente de Agaxorde, Alexandre Centeno, e editada pola asociación.
Foi unha xornada moi emotiva que contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, do propio Alexandre Centeno e, por suposto, de Bebeto, que inicia hoxe unha semana na que participará en varios actos na cidade. A presentación do libro non só fala do futbolista, senón que vai máis alá. Como expresou Centeno: “Es más que un futbolista, se muestra el hombre que hay fuera del estadio, el padre, el abuelo, el nieto…sobre todo el nieto que llegaba tarde por la abuela”
Nesta biografía, que ademais conta cun epílogo de Mauro Silva e cun artigo de Arsenio Iglesias escrito en 2002, o futbolista ábrese en canle para que todos os deportivistas poidan coñecer a súa historia, cando choraba e cando ría e moitos segredos que o deportivismo descoñece.“Bebeto es más que un futbolista, una estrella del deporte, es emoción y sentimiento, y este libro está lleno de eso, de vivencias y de memoria colectiva. Hiciste que soñar, creer y sentir, algo que pocas veces experimentamos los deportivistas”, destacou a alcadesa da Coruña.
Durante o acto tamén se lembraron os compañeiros dese Súper Depor, como Donato, Nando presentes na xornada, Fran, Mauro Silva e Arsenio Iglesias. “Era como un padre, cuando llegaba tarde siempre me preguntaba que tal estaba, se preocupaba por mi. Estaba siempre a nuestro lado, confiaba en todos y la gente siempre lo recordará con cariño”, expresou o dianteiro.
Con agarimo e nostalxia, os deportivistas lembran ao futbolista brasileiro que tanto lles deu dentro do terreo de xogo, incluso os máis novos que non o viron en acción se amosan ilusionados coa súa visita, o que demostra que Bebeto transcende na memoria colectiva, xeración tras xeración.“É unha alegría estar con vós, volver á miña segunda casa.”, expresou emocionado. Agradeceu tamén o traballo do xornalista Alexandre Centeno por ofrecer unha obra tan completa, tras falar con gran parte da súa familia, e a todos os presentes por compartir un día tan especial.
Entre todos os recordos vestido de blanquiazul, se queda co ano 1995. “Cuando fuimos campeones de la Copa del Rey. La llegada fue emblemática. Fue muy fuerte. Estaban todos esperándonos. Me pone la piel de gallina”. Hoxe, Bebeto volveu á súa casa, á súa segunda casa, para presentar á súa xente a súa historia, a súa vida. Hoxe participará no Ágora nunha charla-coloquio orientada a escolares de entre 11 e 14 anos, baixo o título: “Humildade e traballo. Encontro con Bebeto”, na que se abordará a importancia de valores como a solidariedade, o compañeirismo e a superación.O venres, ás 19.00, na Praza de María Pita, encenderá as luces da cidade.




