Segundo o disposto nos Estatutos vixentes de AGAXORDE, en tempo e forma, procédese a realizar a convocatoria de ELECCIÓNS A PRESIDENCIA E XUNTA DIRECTIVA de AGAXORDE para o período 2025-2029.
O proceso electoral iníciase o vindeiro día 17 de xullo de 2025, e desenvolverase co seguinte calendario:
17/07/2025: Convocatoria das eleccións na web corporativa e mediante correo dirixido a todas as persoas asociadas que forman parte do censo e quedará constituída a Xunta Electoral. Tamén se abre prazo de correccións do censo.
22/07/2025: Péchase o prazo de correccións do censo e iníciase o período de presentación de candidaturas, segundo modelo establecido.
29/07/2025: Final do prazo de presentación de candidaturas.
30/07/2025: Proclamación provisional das candidaturas presentadas e inicio do prazo de impugnacións.
06/08/2025: Final do prazo de presentación de impugnacións, proclamación definitiva das candidaturas e inicio da campaña electoral.
01/09/2025: Convocatoria Asemblea Extraordinaria de Eleccións de Presidencia e Xunta Directiva.
11/09/2025: Finalización da campaña electoral.
15/09/2025: Celebración da Asemblea extraordinaria para a elección da Presidencia e Xunta Directiva que, no caso de existir unicamente unha única candidatura, quedará definitivamente proclamada para o período 2025 ao 2029.
Hora de inicio e final dos prazos
Entenderase as 00:00 como hora de inicio e 23:59 como hora de final dos prazos establecidos durante o proceso electoral, fóra da Asemblea xeral extraordinaria que se celebrará na hora e lugar que se determine na súa correspondente convocatoria formal.
Xunta Electoral e as súas funcións
A Xunta Electoral constitúese con tres persoas asociadas de número, unha designada pola Xunta Directiva e outras dúas por sorteo que, en caso de non aceptarse polas persoas afectadas, serán propostas tamén pola Xunta Directiva.
A persoa de maior idade exercerá a presidencia da Xunta Electoral, a de menor idade asumirá a secretaría, e a restante ocupará a vogalía. Ningún dos seus membros poderá
formar parte de ningunha candidatura.
As funcións da Xunta Electoral son as seguintes:
a) Supervisar o censo de persoas electoras coa colaboración da Secretaría de AGAXORDE.
b) Actuar como Mesa Electoral na data de celebración da Asemblea.
c) Aprobar as candidaturas presentadas ou, no seu caso, proclamar a única candidatura.
d) Entregar o censo de persoas electoras ás candidaturas admitidas.
e) Coñecer e resolver os recursos que poidan formularse.
f) Calquera outra función propia dun proceso electoral.
Procedemento de recursos
As impugnacións durante o proceso electoral, se fose o caso, deberán presentarse durante o período establecido no calendario electoral, mediante correo electrónico dirixido a gerencia@agaxorde.org que serán resoltas pola Xunta Electoral no prazo máximo de 48 horas desde a súa recepción.
Xunta directiva en “funcións”
Durante o proceso electoral, a Xunta Directiva quedará «en funcións», limitando a súa actuación ás xestións estritamente indispensables para o goberno e funcionamento ordinario da Asociación.




