A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) sigue ampliando as colaboracións con outras entidades co obxectivo de ofrecer novas vantaxes as persoas asociadas a entidade.
Un dos últimos acordos foi firmado co centro deportivo Máis que Auga. Grazas a este convenio, os socios de socias de AGAXORDE poderán beneficiarse de condicións especiais de acceso ás instalacións de Máis que Auga en Coia, Barreiro e Navia, con descontos aplicables nas tarifas vixentes tanto para abonos individuais como familiares.
No caso de non estar aínda matriculado tamén hai matrícula gratuíta para as persoas asociadas de AGAXORDE que formalicen a súa inscrición nalgún dos tres centros, presentando a documentación acreditativa correspondente. Estas condicións estarán vixentes durante a duración do convenio e non serán acumulables a outras promocións.
Este acordo supón unha gran oportunidade para promover o benestar e os hábitos saudables entre as persoas asociadas, facilitando o acceso a servizos deportivos en condicións vantaxosas. A colaboración reforza, ademais, o compromiso de AGAXORDE por seguir ampliando beneficios e iniciativas de valor para o colectivo.




