O que ata agora foi o presidente do Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol, Iván Cancela, pasará asumir o mesmo cargo pero na federación nacional.
O adestrador galego é premiado así pola súa gran labor, que converteu ao comité galego en referencia. Así dixo adeus ao fútbol galego:
Diríxome ao fútbol galego cunha mestura de emocións, sentimentos atopados e co corazón cheo de gratitude, xa que chega o momento de despedirme despois de moitos anos de adicación á Real Federación Galega de Fútbol. As emocións que teño son difíciles de expresar con letras. É estrano pensar que este momento chegou e que se pecha un capítulo moi especial, pero tomei a difícil decisión de comezar novos e ilusionantes retos e emprender novos camiños, non sen antes deixar constancia do que vivín e aprendín ao longo deste período.Durante o meu tempo na RFGF tiven a oportunidade de crecer profesionalmente. As leccións que adquirín do grupo de traballo e as relacións que formei son lembranzas que levarei conmigo ao longo da miña vida. Aprecio moito a colaboración, o apoio incondicional e o ambiente positivo de xente incrible unida por unha paixón: o fútbol. Non só crecín profesionalmente, senón tamén persoalmente, xa que cada un de vós tivestes o compañeirismo e o esforzo en equipo como piares fundamentais do día a día, xerando un vencello de amizade e respecto.Estou seguro de que este gran equipo continuará alcanzando novos logros e desafíos, e aínda que o meu camiño profesional lévame noutra dirección sempre lembrarei con agarimo e respecto todo o que construímos xuntos.Foi un privivilexio para min representar ao estamento de adestradores/as e estar á fronte da formación d@s mesm@s. Agradecervos a vosa cercanía, comprensión e colaboración en todo momento. Vós conseguistes que o meu día a día fose máis doado.Agradezo profundamente a Rafael Louzán e a toda a súa Xunta Directiva o apoio, a confianza e o compañeirismo que sempre recibín. Desde o primeiro día sentinme parte dunha gran familia. Xuntos compartimos retos, alegrías e momentos difíciles que nos uniron aínda máis no compromiso de facer crecer e mellorar o noso fútbol.Agradezo a esas persoas e equipos que vos cruzastes no meu camiño dende que comecei dando patadas ao balón. Grazas Dubra, Tordoia, Mineiro de Santa Comba, Chaián, Xallas, Cabana, Sporting Zas, Sofán e Selección Galega. Quero lembrarme de Pedro Fernández, Silvia Cancela e a directiva do Xallas FC , amigos que me deron a oportunidade de dirixir con moi pouca idade por primeira vez no fútbol modesto despois da miña grave lesión.Fago mención especial a esas persoas que foron o meu apoio constante e que me deron a forza que me permitiu chegar ata aquí: os meus amigos e familia. Gracias aos meus pais e irmán por inculcarme uns valores vitais e facerme sempre todo máis sinxelo. Gracias á miña muller e aos meus fillos por ser a miña gran enerxía e motor no día a día.Voume coa certeza de que o futuro do fútbol galego estará cheo de éxitos e seguirá sendo referencia, xa que tod@s os que o compoñedes (adestradores/as, xogador@s, árbitros/as, directiv@s, afeccionad@s, xornalistas…) tedes unha alma única, feita de esforzo, adicación, tradición e dunha paixón inigualable.Deséxolle moita sorte ó meu amigo Pablo Prieto e á súa xunta directiva e como non, á persoa que realizará as miñas funcións a partir de agora.Seguirei preto, empurrando dende outro lugar e sempre a disposición de tod@s vós.GRAZAS A TOD@S




