Dende a Asociación Galega da Prensa Deportiva (AGAXORDE) queremos trasladar o noso máis sentido parabén ao noso compañeiro e socio Terio Carrera, recoñecido co Premio Deporte Galego 2025 ao mellor labor informativo outorgado pola Xunta de Galicia.
Este galardón supón un xusto e merecido recoñecemento a unha traxectoria de case catro décadas diante dos micrófonos e cámaras da Televisión de Galicia e da Radio Galega. O seu compromiso co rigor, a proximidade e a difusión de todas as disciplinas do deporte na nosa comunidade son un exemplo para todo o xornalismo deportivo galego.
Terio comparte edicion neste palmarés con grandes nomes do noso deporte como Ana Peleteiro e Jaime Duro (mellores deportistas), Susana Rodríguez Gacio e Nicolás Martínez (mellores deportistas con discapacidade), Claudio Giráldez (mellor adestrador), Inés Sotelo e Christian Costoya (deportistas revelación), así como o RC Celta e o Club Balonmán Porriño como mellores equipos.
Para a familia de AGAXORDE é un orgullo contar entre os nosos asociados con profesionais da súa talla e calidade humana.
Parabéns, Terio!



