Vigo, 25 de setembro de 2026. O estadio ABANCA Balaídos será a sede das Xornadas Nacionais de Xornalismo e Deporte · Vigo 2026, que se celebrarán o luns 5 e o martes 6 de outubro, e que esta mañá foron presentadas no Concello de Vigo polo seu alcalde, Abel Caballero. Organizadas pola Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), as xornadas estruturaranse en mesas de debate temáticas moderadas por profesionais do xornalismo, coa participación de representantes institucionais, dirixentes deportivos, xornalistas e deportistas. O propio alcalde será o encargado da apertura institucional do encontro, o luns 5 ás 18.00 horas.

Luns, 5 de outubro

  • O programa comezará ás 17.00 horas cun homenaxe aos olímpicos galegos, que incluirá unha breve charla de Ricardo Leiva Román, director de Deportes do Comité Olímpico Español, e a entrega de agasallos aos deportistas ou aos seus familiares.
  • 18.00 h: «A importancia dun club profesional como o Celta para unha cidade como Vigo». Participarán Abel Caballero, alcalde de Vigo; Javier Tebas, presidente de LaLiga, e Marián Mouriño, presidenta do Celta. Modera Tito Irazusta, presidente da Asociación Española da Prensa Deportiva.
  • 20.30 h: «As mulleres no xornalismo deportivo». Con Cristina Cubero, vicepresidenta primeira da Asociación Española da Prensa Deportiva; Ana Guantes, unha das pioneiras da prensa deportiva galega; Mercedes Moralejo, fotógrafa, e Lucía Dávila, creadora de contido de Movistar+. Modera Mila Alonso.

Martes, 6 de outubro

  • 17.00 h: «Turismo deportivo». Con Manel Fernández, concelleiro de Deportes de Vigo; Carlos Cao, director de Infraestruturas e Relacións Institucionais do Celta; David Suárez Martínez, CEO de Diesemm, e un representante de Galitur. Modera Terio Carrera.
  • 18.00 h: «Relación entre os medios de comunicación e o deporte profesional». Con Luis García, xornalista de Cuatro e COPE; Richard Barral, presidente da Asociación Española de Directores Deportivos; Miguel Méndez, seleccionador español feminino de baloncesto, recente bronce no Mundial de Alemania, e José Carlos Bastos, director de Comunicación do Celta. Modera Armando Álvarez.
  • 19.00 h: «Prevención da violencia no deporte base». Con Beatriz Gelpi Ferreira, máster en Formación Permanente en Dereito Deportivo pola Universidade de Valencia e cofundadora de Juntos Invulnerables.
  • 19.30 h: Clausura das xornadas a cargo de Abel Caballero e de seguido, «O gran momento do Celta». Con Claudio Giráldez, adestrador do Celta; Iago Aspas, capitán do Celta; Fredi Álvarez, adestrador do Fortuna, e Pablo Meixús, capitán do Fortuna. O Celta é un dos dous clubs de Primeira División cuxo filial compite en Segunda División. Modera Víctor López. Haberá intervención de ex xogadores por videoconferencia.