Alma Marín incorpórase á directiva de AGAXORDE para reforzar a súa estratexia de comunicación

Alma Marín (Segorbe, Castellón, 1981) incorpórase como directiva de AGAXORDE, en substitución de José Manuel Fernández Mayo, un dos catro fundadores da asociación que, por motivos persoais, presentou a súa renuncia a continuar nun posto de responsabilidade, que non a ser socio e seguir colaborando cando se precise da súa achega. Afincada desde hai oito…

Gabi Barrós, novo xefe do servizo de produción de informativos da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

O socio de AGAXORDE, Gabriel Barrós Blanco (A Coruña, 1981), foi nomeado pola Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) xefe de produción de informativos do ente público de comunicación autonómica. Licenciado en Xornalismo pola USC e posgraduado en protocolo, comunicación corporativa e eventos pola UDC, a traxectoria de Gabi Barrós estivo sempre estreitamente vinculada…

Cristóbal Atienza recibe o Premio Andrés Ríos pola súa dilatada traxectoria profesional

O secretario xeral da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), Cristóbal Atienza, recibiu o Premio Andrés Ríos (directivo de AGAXORDE falecido o pasado setembro) en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, no marco dos Premios Talento DXT Campeón, que este ano celebraron tamén o trinta aniversario do único diario deportivo de Galicia. Licenciado en…