A Xunta de Galicia apoia a edición en galego da biografía autorizada de Bebeto tras o éxito de vendas da súa primeira edición

A Xunta de Galicia apoiou a edición en galego da biografía autorizada de Bebeto (Bebeto, o home que abanou o gol) despois do extraordinario éxito acadado na primeira, publicada en castelán, escrita polo xornalista Alexandre Centeno e editada por AGAXORDE (Asociación Galega de Xornalistas do Deporte). A obra, convertida nun dos grandes fenómenos editoriais deportivos do…

AGAXORDE convoca as súas Asembleas Xerais o 13 de xuño

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) celebrará o vindeiro sábado 13 de xuño as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria en formato telemático. A primeira convocatoria terá lugar ás 10:30 horas e a segunda ás 11:00 horas. O procedemento e os medios de acceso serán comunicados oportunamente ás socias e socios da entidade.…

Novas vantaxes en formación universitaria para as persoas asociadas

A Asociación Galega de Xornalistas Deportivos (AGAXORDE) pon en marcha unha nova colaboración coa UNIR que permitirá ás persoas asociadas e aos seus familiares acceder a condicións especiais en formación universitaria e de posgrao. A iniciativa ofrece descontos en máis de 400 titulacións, incluíndo graos, másteres oficiais e programas especializados en ámbitos como comunicación, marketing,…

Novo convenio entre AGAXORDE e a UEMC Business School para impulsar formación e emprego

A Asociación Galega de Xornalistas Deportivos (AGAXORDE) vén de formalizar un convenio de colaboración coa UEMC Business School, unha institución de formación superior especializada en programas universitarios e executivos cun forte enfoque na empregabilidade. O acordo establece condicións económicas especiais en programas de formación da entidade académica, que inclúen graos, másteres e programas de formación…

Descontos e matrícula gratuíta nos ximnasios de Máis que Auga grazas a un acordo con AGAXORDE

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) sigue ampliando as colaboracións con outras entidades co obxectivo de ofrecer novas vantaxes as persoas asociadas a entidade. Un dos últimos acordos foi firmado co centro deportivo Máis que Auga. Grazas a este convenio, os socios de socias de AGAXORDE poderán beneficiarse de condicións especiais de acceso…

CURSO DE EXPERTO EN TRANSFORMACIÓN DIXITAL De balde e con beca económica adicional · Últimas semanas

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), en colaboración con Maude Studio, pon en marcha do programa Experto en Transformación Digital: Programa agentes del cambio, unha formación gratuíta financiada pola Unión Europea dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e capacitalos para liderar procesos de…

Gabi Barrós, novo xefe do servizo de produción de informativos da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

O socio de AGAXORDE, Gabriel Barrós Blanco (A Coruña, 1981), foi nomeado pola Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) xefe de produción de informativos do ente público de comunicación autonómica. Licenciado en Xornalismo pola USC e posgraduado en protocolo, comunicación corporativa e eventos pola UDC, a traxectoria de Gabi Barrós estivo sempre estreitamente vinculada…

Cristóbal Atienza recibe o Premio Andrés Ríos pola súa dilatada traxectoria profesional

O secretario xeral da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), Cristóbal Atienza, recibiu o Premio Andrés Ríos (directivo de AGAXORDE falecido o pasado setembro) en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, no marco dos Premios Talento DXT Campeón, que este ano celebraron tamén o trinta aniversario do único diario deportivo de Galicia. Licenciado en…