A vida e carreira de José Roberto Gama de Oliveira, Bebeto, unha das figuras máis queridas do fútbol brasileiro e do Superdépor, chega por fin narrada coa profundidade que merece. Bebeto: el hombre que acunó el gol é o primeiro título publicado por AGAXORDE, co que se inaugura a colección Lecer Deportivo, dedicada a preservar grandes e pequenas historias do deporte galego, nacional e internacional. O libro, escrito por Alexandre Centeno, xornalista de La Voz de Galicia e presidente de AGAXORDE, ofrece un retrato íntimo e documentado do dianteiro que conquistou á Coruña e ao mundo. Inclúe fotografías inéditas, un epílogo de Mauro Silva —que asina un texto emocionado sobre a humanidade e a fe do seu antigo compañeiro— e un artigo de Arsenio Iglesias escrito en 2002 no que o técnico reflexiona sobre a figura do brasileiro.

📘 Bebeto: El hombre que acunó el gol
Hai historias que fan cidade. Hai heroes que deixan pegada.
Revive o soño do SuperDépor coa biografía autorizada de Bebeto — un libro para sentir, lembrar e celebrar.
Nas súas páxinas tamén interveñen lendas do fútbol brasileiro como Zico, Rivaldo, Romário ou Dunga, e compañeiros daquel Dépor irrepetible —Fran, José Ramón, Aldana, Donato e outros— que lembran anécdotas e xestas compartidas. Tamén falan a súa familia e amigos persoais, que descobren o lado máis humano do goleador. O propio Bebeto toma a palabra para repasar as súas orixes, a súa chegada a Galicia e os anos que cambiaron a súa vida.
O xogador anunciou a publicación do libro nas súas redes sociais cunha mensaxe que xa percorreu medio mundo:
«En ella revivo los grandes momentos que vivimos juntos… y también cuento cosas que nunca había dicho».
A presentación oficial do libro terá lugar na Coruña o 26 de novembro, e contará coa presenza do propio Bebeto. Un día despois asinará exemplares no Centro Comercial Catro Camiños da cidade.
A obra estará xa está dispoñible, e pode reservarse pulsando aquí. Os 300 primeiros compradores terán acceso privilexiado ao encontro co futbolista durante a xornada de firmas.



