AGAXORDE súmase ó comunicado oficial da AEPD sobre o peche do xornal deportivo Relevo

A Asociación Española da Prensa Deportiva (AEPD), a que está vinculada AGAXORDE, lamenta o peche do xornal deportivo dixital Relevo, propiedade do grupo Vocento, e expresa a súa profunda preocupación pola desaparición dun medio que contribuíu dende a súa creación en outubro de 2022 a enriquecer o panorama informativo deportivo en España. A desaparición dun medio…

A concelleira de Participación, Benestar e Igualdade Nereida Canosa, no centro, xunto as xornalistas

Mónica Marchante, Leticia Chas, Lis Franco e Lucía Dávila abordaron o papel da muller no pasado presente e futuro do xornalismo deportivo

Muller, xornalismo deportivo, pasado, presente e futuro da profesión. Ingredientes para un cóctel que, con selo AGAXORDE, organizou o Concello da Coruña, a través da concellería de Participación, Benestar e Igualdade que dirixe Nereida Canosa, con motivo das xornadas do 8M. A sala Leonardo da Vinci da Domus, na Coruña, foi este venres escenario dunha…

AGAXORDE aborda o tema da linguaxe non sexista cos estudantes do IES Ramón Caamaño de Muxía

Este mércores celebrouse no IES Ramón Caamaño de Muxía unha xornada organizada por AGAXORDE en colaboración co Concello de Muxía, con motivo do 8M. O coloquio contou coa participación de Zeltia Regueiro, xornalista do DXTCampeón; Laura Rodríguez, xornalista deportiva da Costa da Morte; e Alexandre Centeno, presidente da asociación e xornalista na Voz de Galicia.…

Mónica Marchante, Leticia Chas, Lis Franco e Lucía Dávila conversarán o 21 de marzo sobre o cambio xeracional nas xornalistas deportivas

O cambio xeracional nas xornalistas deportivas será o tema da xornada que con motivo do 8M organizará o Concello da Coruña, a través da concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade que dirixe Nereida Canosa, coa colaboración da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE). A charla terá lugar o próximo día 21 de marzo,…

AGAXORDE e González Almacén xúntanse para impulsar a formación e o acceso a material fotográfico profesional

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) continúa ampliando os beneficios para os seus asociados cun novo convenio con González Almacén, un referente con máis de 50 anos de experiencia. Esta compañía especialízase na venda de material fotográfico e audiovisual, sendo un provedor de confianza para fotógrafos profesionais, medios de comunicación e creadores de…

AGAXORDE e Efisaúde unen forzas para promover a saúde e o benestar das súas persoas asociadas

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) firma un novo convenio con Efisaúde, un centro de que dedicado a fisioterapia, recuperación e rendemento deportivo. Este acordo permitirá que os membros da asociación accedan aos servizos de esta empresa cun desconto exclusivo do 10%. Efisaúde é un centro de medicina deportiva e fisioterapia situado en…

Acordo de calado entre Sony España e AGAXORDE para mellorar a formación e os recursos dos xornalistas deportivos

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) vén de asinar un convenio de colaboración con Sony IP&S Iberia, unha das compañías líderes a nivel mundial en tecnoloxía de imaxe e referencia no ámbito da fotografía e videografía profesional. O obxectivo deste acordo é ofrecer aos xornalistas deportivos galegos formación especializada e acceso a equipos…