Gabi Barrós, novo xefe do servizo de produción de informativos da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

O socio de AGAXORDE, Gabriel Barrós Blanco (A Coruña, 1981), foi nomeado pola Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) xefe de produción de informativos do ente público de comunicación autonómica. Licenciado en Xornalismo pola USC e posgraduado en protocolo, comunicación corporativa e eventos pola UDC, a traxectoria de Gabi Barrós estivo sempre estreitamente vinculada…

Cristóbal Atienza recibe o Premio Andrés Ríos pola súa dilatada traxectoria profesional

O secretario xeral da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE), Cristóbal Atienza, recibiu o Premio Andrés Ríos (directivo de AGAXORDE falecido o pasado setembro) en recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional, no marco dos Premios Talento DXT Campeón, que este ano celebraron tamén o trinta aniversario do único diario deportivo de Galicia. Licenciado en…

Loito polo pasamento de Emilio Navaza

O xornalismo e o deporte galegos están de loito polo pasamento de Emilio Navaza González, falecido en Santiago aos 77 anos. Nado en Pontevedra en 1948, destacou como atleta na súa mocidade e exerceu brevemente como mestre antes de iniciar unha longa e fructífera traxectoria profesional como xornalista. Foi durante case tres décadas xefe da…

AGAXORDE asina un acordo de colaboración con Sibuscascoche

A Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (AGAXORDE) vén de formalizar un acordo de colaboración con Sibuscascoche, concesionario especializado en vehículos de ocasión multimarca pertencente ao Grupo Pérez Rumbao, grupo de referencia no sector da automoción no noroeste peninsular con máis de cen anos de traxectoria. Este acordo permitirá ás persoas asociadas acceder a vantaxes exclusivas na adquisición de vehículos, dentro…

A biografía de Bebeto, editada por AGAXORDE, camiño da segunda edición e dos tres mil exemplares vendidos

O libro Bebeto: el hombre que acunó el gol, editado por AGAXORDE, está a piques de acadar os tres mil exemplares vendidos, consolidándose como unha das publicacións deportivas máis recoñecidas dos últimos anos en Galicia e abrindo xa o camiño cara a unha segunda edición. Trátase dunha biografía autorizada que vai moito máis alá do…